Páxina Oficial da Comunidade de Montes en Mancomún de Beade
Páxina Oficial da Comunidade de Montes en Mancomún de Beade
Aula Biodiversidade
A aula de biodiversidade do monte de Beade está situada baixo o palco do Parque Forestal. Foi concebida como un lugar de aprendizase e valoración da natureza dos nosos montes. Nesta aula lévanse a cabo numerosas actividades formativas e divulgativas, entre elas, as relacionadas co proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” no que participan a Mancomunidade de Montes de Vigo e investigadores da Universidade de Vigo.
CIENCIA CIDADÁ
si tes curiosidade sobre as especies que se atopan nos montes de Beade, podes consultar á web iNaturalist. Tamén podes contribuir a aumentar o coñecemento da nosa flora e fauna subindo a esta web os teus avistamentos.