Especies Forestais

Principasi especies de árbores plantadas no monte.

As actividades tradicionais realizadas no monte foron partoreo, rozas de matorral para a cama do gando, corta de madeira para leña e caza. Pero dende hai décadas produciuse un abandono progresivo do pastoreo e dos aproveitamentos de rozas e leña.  

Na actualidade cobra protagonismo a introdución de especies forestais de crecemento rápido para a comercialización de madeira e o uso do monte con fins recreativos e a práctica de deportes ao aire libre.

A vexetación climática do monte de Beade corresponde ao carballo (Quercus robur), especie que pode encontrarse espallada por toda a superficie do monte, e que se rexenera de maneira natural.

Debido as plantacións, as especies arbóreas dominantes na actualidade son pino marítimo, pino de Monterrey, eucalipto, abeto de Douglas, castiñeiro, cerdeira e nogueira, formando masas puras ou mezclas de especies en algunhas zonas.

A distribución das especies forestais está organizada por rodais, representados no plano da dereita. Cada rodal ten un número identificativo.






Especies Forestais plantadas no Monte

Pinus pinaster

Pino marítimo

Especie de climas máis ou menos oceánicos de precipitacións abundantes e oscilacións térmicas moderadas. Especie pouco exisente en solos profundos e fértiles, a localización xeográfica do monte de Beade e da climatoloxía permiten un desenvolvemento axeitado. Presenta bos crecementos nos 14 rodais nos que está presente (00402, 00701, 01601, 01104, 00601, 00801, 01001, 01101, 01102, 01201, 01401, 00101, 00901 e 01501).

Pinus radiata

Pino de Monterrey

Especie de climas atlánticos suaves con elevadas precipitacións estivais. A climatoloxía do monte de Beade é axeitadas para o seu desenvolvemento. Presenta bos crecementos nos rodais nos que está presente (00403, 00802 e 01701).

Eucalyptus globulus

Eucalipto común

Especie de climas máis ou menos oceánicos de precipitacións abundantes e oscilacións térmicas moderadas. Especie pouco exisente en solos profundos e fértiles, a localización xeográfica do monte de Beade e da climatoloxía permiten un desenvolvemento axeitado. Presenta bos crecementos nos rodais nos que está presente (00201, 00301, 00501 e 00803). 

Pseudotsuga menziesii

Abeto de Douglas

Esta especie responde moi ben a precipitacións entre 500 e 2300 mm anuais e a temperaturas medias anuais entre 7 e 12 ºC, soportando valores máximos e mínimos de 43 e -34 ºC, respectivamente. Nótase unha variación importante de crecemento entre os rodais onde está plantado (01801, 01901 e 02001).

Castanea sativa

Castiñeiro

Especie pouco sensible as xeadas tardías. Necesita unha pluviosidade por rriba dos 700 mm anuais, ademais dedun so con boas reservas hídricas. O Clima suave e as abundantes precipitacións son idóneas para o bo desenvolvemento do castiñeiro. Por toda a superficie do monte atópanse pes aillados de pequeño diámetro. Os rodais 01103 e 01202 están formados por unha plantación de castiñeiro realizada en 1988 que amosan un crecemento medio. A última plantación de esta especie realizouse en 2020 no rodal 00101.

Prunus avium

Cerdeira

Especialmente resistente ao frío pero sensible as xeadas durante o período de floración. Plantacións de cerdeira nos rodais 00406 e 00401.

Juglans regia

Nogueira

Moi sensible as xeadas de primavera e tamén as xeadas precoces do outono que interfiren moi negativamente na formación dos primeiros anos de vida. Cultivado en zonas abrigadas e soleadas. Tamén é sensible as secas, necesitando precipitacións mínimas de 700 mm anuais. Plantacións no rodal 00401.

Scroll al inicio