Parque Forestal de Beade

O Parque Forestal de Beade está situado na zona máis alta do monte de Beade. Dispón de fermosas vistas sobre a cidade e a Ría. É un lugar  con abundante arboreda. Ademáis dispón de numerosos servizos, como bar-restaurante, parque temático, aparcamento, miradoiro, campo de futbol, baños públicos, mesas e bancos de pedra, palco para actuacións, pequena lagoa con aves acuáticas,  parque infantil, sendeiros, etc. Todos estes elementos fan do parque un lugar atractivo para todos  os públicos. 

A gran variedade de especies arbóreas  do parque fan que a cor cambie coas estacións. Sendo sombrío no verán e soleado no inverno. 

Cada ano, no primeiro domingo de agosto, os comuneiros de Beade celebran unha romería no parque forestal con comida, música e baile.

Scroll al inicio