Parque Forestal
O Parque Forestal de Beade está situado na zona máis alta do monte de Beade. Dispón de fermosas vistas sobre a cidade e a Ría. É un lugar con abundante arboreda. Ademáis dispón de numerosos servizos, como bar-restaurante, parque temático, aparcamento, miradoiro, campo de futbol, baños públicos, mesas e bancos de pedra, palco para actuacións, pequena lagoa con aves acuáticas, parque infantil, sendeiros, etc. Todos estes elementos fan do parque un lugar atractivo para todos os públicos.
A gran variedade de especies arbóreas do parque, fan que a cor da paisaxe cambie coas estacións. Sendo sombrío no verán e solleiro no inverno.
Cada ano, no primeiro domingo de agosto, os comuneiros de Beade celebran unha romería popular no parque forestal con sardiñas, música e baile.
